MUSIC-IMAGE-lugar-ao-som

Lugar ao Som

quinta-feira, setembro 06, 2007

LUAR NA LUBRE - "Chove en Santiago"


Actuando há já cerca de 20 anos, este continua a ser um dos melhores grupos galegos, intérprete das verdadeiras raízes celtas da música da Galiza. Esta canção, com música de ALBERTO GAMBINO sobre um poema de FEDERICO GARCIA LORCA, faz parte do álbum "Cabo do Mundo", de 1999.
Lá se pode ler: " Madrigal á cibdá de Santiago
Lorca fixo varias visitas a Galicia, percorreuna coa súa compañía de teatro La Barraca facendo amigos. En América soubo tamén dos galegos. Coñecedor profundo da nosa lirica esencias, dende Martín Códax a Rosalía, foi quen de deixarnos, como un moderno trobador, seir fermosas estampas, no libro Seis poemas galegos, impreso en decembro de 1935 na editorial galega Nós, rexentada polo galeguista e alcalde de Santiago Ánxel Casal Escrotor e editor fusilados impunemente; os seus cadáveres apareceron o mesmo día, o 19 de agosto de 1936, a mil quilómetros de distancia nas aforas de Granada e Santiago respectivamente. Esta versión do Madrigal á cibdá de Santiago é o noso tributo agradecido."


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.





Publicação nº 55 - J.G.

Posted by Jorge P. Guedes : quinta-feira, setembro 06, 2007 : 6 Comments

Comentar / Ler Comentários

---------------oOo---------------